Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ángel Pérez, elixido alcalde de Guntín aos 27 anos

Ángel Pérez, elixido alcalde de Guntín aos 27 anos

Pérez substitúe a María José Gómez tras a súa saída da política local para asumir a Consellería do Medio Rural

O alcalde de Guntín Ángel Pérez, nunha imaxe na conta de X do @ppdegalicia. O alcalde de Guntín Ángel Pérez, nunha imaxe na conta de X do @ppdegalicia.
G24.gal 25/04/2024 08:06

O pleno do Concello de Guntín (Lugo) elixiu este mércores pola tarde como novo alcalde a Ángel Pérez, de 27 anos, que ata o de agora ocupaba a concellería de Deportes.

Pérez substitúe a María José Gómez tras a saída desta da política local para asumir as rendas da Consellería do Medio Rural no Executivo galego deseñado por Alfonso Rueda logo da súa vitoria nas eleccións autonómicas.

A sesión extraordinaria do pleno do concello lugués celebrada este mércores transcorreu con normalidade, e a maioría de que goza o PP, con dez dos once asentos na corporación, elixiu a Ángel Pérez como novo rexedor.

O ata o de agora responsable da área de Deportes asume o bastón de mando aos 27 anos. Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e árbitro da Real Federación Galega de Fútbol, Ángel Pérez é natural da parroquia de Santa Cruz da Retorta.

En declaracións a Europa Press, mostrou a súa satisfacción polas súas novas responsabilidades, que asume con "ilusión" e con "moitísimas ganas de traballar polos veciños de Guntín".

A sesión plenaria, a que asistiu a conselleira do Medio Rural e alcaldesa saínte, tamén serviu para que tomase posesión da acta a edil do PP María Lamazares, que ocupa o sitio que deixa María José Gómez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade