Publicador de contidos
Publicador de contidos

Anova e o BNG asinan un acordo político con vistas ao 18 de febreiro

Anova e o BNG asinan un acordo político con vistas ao 18 de febreiro

Martiño Noriega e Ana Pontón escenifican a unión do voto soberanista arredor do BNG

Ana Pontón e Martiño Noriega este domingo
G24.gal 14/01/2024 11:10 Última actualización 14/01/2024 12:58

A voceira nacional e candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón, e o cofundador e actual coordinador nacional de Anova-Irmandade Nacionalista, Martiño Noriega, asinaron este domingo un acordo político para unir forzas con vistas ás vindeiras eleccións do 18 de febreiro.

O documento ten como obxectivo pór "de relevancia" o papel do soberanismo no momento político actual e supón o xesto definitivo da reconciliación nacionalista logo da traumática ruptura de 2012.

Martiño Noriega considera que con este acordo escenifican o seu compromiso "cun país que quere pórse en valor e apostar polo futuro".

"A nosa posición baséase no compromiso como soberanistas e como persoas de esquerda de que cómpre un cambio, de que é urxente", asegurou durante a súa intervención.

Segundo dixo, "é importante que ese cambio o impulse un espazo soberanista coma o do BNG" e que a partir do18 de febreiro "teñamos unha presidenta que dignifique as institucións e as poña ao servizo da xente".

"Non estamos aquí para falar de repartición de cargos senón para apostar polo futuro", subliñou.

Momento histórico

Ana Pontón agradece a xenerosidade de Anova e a súa "capacidade de diálogo" neste momento que, de acordo coas súas verbas, "é histórico".

"Moi poucas veces temos a oportunidade de ter ao alcance a posibilidade de poñer en marcha un cambio de ciclo no noso país. O cambio é máis posible ca nunca".

Para a voceira nacional do BNG, unha das claves para derrotar o PP nas urnas é "unir arredor do BNG ese voto de cambio".

"O obxectivo do acordo é que a partir do 18 de febreiro teñamos por primeira vez unha presidenta coas mans libres e sexamos capaces de derrotar nas urnas catorce anos de nefastas políticas do PP que deixan unha Galicia peor".

A líder nacionalista insiste en que están a poñer por diante o interese de Galicia, superando visións partidistas e tendendo pontes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade