Publicador de contidos
Publicador de contidos

Antón Reixa, Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes pola súa traxectoria

Antón Reixa, Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes pola súa traxectoria

Foi membro fundador dos Resentidos, escritor e poeta no Colectivo Rompente e tamén produtor e director de cine

G24.gal 28/12/2021 20:39

O polifacético Antón Reixa vai recibir unha das Medallas de Ouro ao Mérito nas Belas Artes do Ministerio de Cultura.

Entre as 31 personalidades e institucións galardoadas neste 2021, recoñecen a traxectoria de Reixa: foi membro fundador dos Resentidos, un dos grupos máis influíntes da movida viguesa, escritor e poeta no Colectivo Rompente, e tamén produtor e director de cine, con películas como 'O lapis do carpinteiro'.

Reixa tamén colaborou coa Televisión en Galicia en programas como 'Sitio distinto' ou a serie 'Mareas vivas'.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade