António Costa recibe o encargo de formar Goberno por videoconferencia
António Costa recibe o encargo de formar Goberno por videoconferencia
O líder dos socilistas portugueses está confinado dende onte por covid–19
O presidente da República dá por concluídas as audiencias cos partidos que conseguiron representación
Despois da maioría absoluta do Partido Socialista en Portugal, hoxe o Xefe de Estado finalizou as audiencias cos partidos que conseguiron representación no Parlamento. Quen non puido asistir foi o candidado gañador, António Costa, illado na súa casa.
El e o Xefe de Estado reuníronse por videoconferencia porque o socialista deu positivo en covid–19 onte. António Costa desta vez non ten que buscar apoios á súa esquerda. Unha esquerda que o deixou só á hora de aprobar os orzamentos, e o resultado foi que a cidadanía premiou o Goberno con esta maioría e castigou o Bloco de Esquerdas e os Comunistas deixándoos en mínimos.
Aínda así os seus líderes confirmáronlle ao Presidente Rebelo de Sousa que non van dimitir, algo que sorprendeu os analisas lusos.
Por outro lado, Costa, vai reestruturar o seu gabinete. Haberá menos ministerios e pretende facer unha gran reforma económica no país aproveitando os fondos europeos. Nestes catro anos tamén recuperará un vello proxecto neste país: o de crear rexións autónomas.