Antonio Serrat queda 32º na proba de tríatlon
Antonio Serrat queda 32º na proba de tríatlon
O atleta vigués chegou a cinco minutos de Alex Yee, quen gañou a proba
Comezou a remontar postos tras saír da auga
O debut de Antonio Serrat nuns Xogos Olímpicos rematou cun 32º posto. Pese á intención de adiar a proba e pasala ao venres, a organización dos Xogos decidiu que a competición masculina de tríatlon tería lugar hoxe á mañá.
O punto fraco do vigués, a natación, fíxolle perder tempo respecto á cabeza de carreira, e iso lastrouno durante toda a proba. Á metade da proba situábase no 40º posto, tras unha remonta no sector da bicicleta.
Ao chegar ao treito a pé xa era demasiado tarde para alcanzar os líderes da proba. Serrat finalizou a proba como o segundo mellor español tras Alberto González, quen rematou oitavo e asegurou un diploma olímpico.