Ao Pontevedra escápalle o triunfo en Santander no minuto 95 (2-2)
Ao Pontevedra escápalle o triunfo en Santander no minuto 95 (2-2)
Carlos López marcou por sétima xornada consecutiva
O equipo granate queda igualado co Ourense C. F. con 56 puntos
O Pontevedra perdeu no minuto 95 dous puntos no campo do Raio Cantabria (2-2) e queda igualado co Ourense C. F. no máis alto da clasificación, os dous con 56 puntos.
En dúas ocasións adiantouse o Pontevedra pero non puido manter a vantaxe. Comezou marcando Carlos López, a sétima xornada seguida anotando, pero antes do descanso o dianteiro local Santamaría atinou nun lanzamento de córner.
Na segunda parte volveu marcar o equipo de Yago Iglesias logo dun penalti cometido sobre Alex González e que marcou Dalysson. O acoso do Raio Cantabria foi total, engarrafou o Pontevedra e insistiu ata que no minuto 95 marcou, outra vez, cun gol de Santamaría.