Publicador de contidos
Publicador de contidos

Apagamento na hostalería en protesta polo alto prezo da electricidade

Apagamento na hostalería en protesta polo alto prezo da electricidade

Moitos locais quedaron ás escuras durante cinco minutos e acenderon candeas

G24.gal 08/11/2022 20:46 Última actualización 08/11/2022 22:30

Como protesta contra a suba nos prezos da enerxía, parte da hostalería protagonizou este martes un apagamento reivindicativo. Durante cinco minutos quedaron ás escuras e acenderon candeas en sinal de protesta polo prezo da enerxía.

Sete en punto da tarde. Un restaurante de Lugo acende dúas candeas e apaga a luz durante cinco minutos. O xesto repítese en moitos locais de hostalería de Galicia e de España. O dono ensina un recibo da luz de outubro do ano pasado e o de abril deste ano. Case é o triplo.

Este apagamento simbólico está convocado por Hostalería de España. A federación galega tamén se sumou. O custo da enerxía representa case un 10 % dos gastos totais dun negocio.

Malia que, polo xeral, houbo melloras na eficiencia do consumo, estas non abondan para amortecer o prezo da enerxía.

Reclamacións

Na Federación de Hostalaría o que reclaman é unha revisión no cálculo das tarifas, unha especie de estatuto semellante ao do consumidor electrointensivo.

Tamén apuntan á conveniencia de aprobar bonos eléctricos cos remanentes da covid-19 que ían dirixidos ao sector e que non chegaron a empregarse e, segundo o presidente da Federación Cheché Real, suman uns 3.000 millóns de euros.

A rebaixa dos impostos eléctricos tamén axudaría a paliar a difícil situación que atravesa o sector.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade