Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aparece o cadáver dun home falecido no seu domicilio de Ferrol

Aparece o cadáver dun home falecido no seu domicilio de Ferrol

A Policía Municipal ten cuantificados polo menos 18 casos de "mortes xudiciais" en circunstancias similares no que vai de ano

David Fernández 22/11/2021 13:45

Na noite deste domingo membros da Policía Nacional localizaron no quinto andar do número 32 da rúa Mosteiro de Monfero o corpo sen vida dun veciño da zona de Porta Nova. Polo estado do cadáver, os primeiros indicios apuntan a que podería levar morto bastantes días.

Segundo a propietaria do quiosco da rúa, das poucas que o coñecía, o seu estado de saúde non era bo e levaban tempo sen velo. Xa son moitas nesta comarca ferrolá as persoas que no que vai de ano apareceron mortas en soidade nas súas vivendas. Segundo datos da Policía Municipal, polo menos son 18 os casos que teñen cuantificados en circunstancias similares.

"Un dos problemas é a falta de información sobre os recursos, a información ás veces non chega, xa que ás veces o illamento da persoa é tan profundo que é complicado acceder a eses recursos", sinala María Silveira, coordinadora da Cruz Vermella en Ferrol.

Aseguran que ese illamento incrementouse nos últimos tempos por causa da pandemia e cébase, loxicamente, sobre todo coa poboación de máis idade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade