Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aparece unha muller morta a carón da Casa dos Peixes na Coruña

Aparece unha muller morta a carón da Casa dos Peixes na Coruña

G24.gal 23/07/2023 14:55

Na Coruña, esta mañá apareceu o corpo dunha muller no mar, preto da Casas dos Peixes. Axentes da Policía Local foron os que comunicaron ao 112 a presenza do cadáver dunha muller de idade avanzada aboiando na auga.

Deseguida se activou un operativo para o seu rescate no que participaron efectivos do 061, Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia e axentes da Policía Nacional e Local.

Foron os bombeiros da cidade herculina os que sacaron o corpo a terra cunha moto de auga. Os axentes están a investigar as circunstancias nas que se produciu o suceso

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade