Atopan o corpo dunha muller que levaba varios días morta na casa en Lugo
Atopan o corpo dunha muller que levaba varios días morta na casa en Lugo
O cadáver non presentaba signos de violencia, polo que se apunta a causas naturais
A muller, de 63 anos, vivía soa nunha casa na rolda da Muralla
Unha muller de 63 anos foi localizada sen vida na súa vivenda en Lugo, na rolda da Muralla, segundo informaron fontes policiais consultadas por Europa Press.
O corpo foi achado este luns nunha casa próxima a Porta Miñá por dúas compañeiras de traballo que a botaban en falta desde hai varios días, e que acudiron ata a vivenda da muller, que vivía soa.
O cadáver non presentaba signos de violencia, polo que se apunta a causas naturais, segundo precisaron as fontes consultadas e á espera da autopsia.
As compañeiras cando lograron acceder á casa atopárona tirada no chan. Tamén deron aviso a efectivos policiais, e a Policía Nacional asumiu o caso.