Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aparece outra perla nunha ameixa, desta volta en Muxía

Aparece outra perla nunha ameixa, desta volta en Muxía

G24.gal 16/03/2023 15:48 Última actualización 16/03/2023 16:23

Estaba nun restaurante de Muxía celebrando o seu 51 aniversario cando recibiu un auténtico agasallo sorpresa: unha das ameixas que estaba no seu prato tiña unha perla dentro.

"Quedaban nada, catro ou cinco na fonte, a vergoña do galego coma sempre, e di el: 'Quen quere?' 'Eu'. E entón púxomas, e nisto que a primeira que tiña métoa na boca e notei algo raro e eu no meu subconsciente dixen: 'Non me caería un empaste?'", comentaba aínda asombrada María Xosé Cives.

"Se mo contan, non o crería, porque é moi difícil que apareza agochada debaixo da carne dunha ameixa semellante perla", recoñece Suso Lema, copropietario do restaurante Eco Lema Gourmet.

O terceiro caso nun ano 

Non é a primeira vez que sucede isto, de feito no que vai de ano é o terceiro caso que coñecemos.

O primeiro foi en Muros no mes xaneiro. Atopou a perla unha moza que estaba comendo ameixas á mariñeira nun restaurante.

O segundo coñecémolo a través dun Twitter que publicou un turista catalán que estaba comendo nun restaurante da rúa do Franco en Santiago.

A perla atopada en Muros foi vendida por 4.000 euros. Agora tócalle decidir a María que facer coa súa. De entrada, a súa intención é vendela.

Aínda que todos os moluscos teñen capacidade de formar perlas, o certo é que sempre as asociamos ás ostras, polo que non deixa de ser algo insólito que aparezan dentro dunha ameixa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade