Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aparecen lebres de mar en Vilaxoán

Aparecen lebres de mar en Vilaxoán

É unha especie moi pouco coñecida pero habitual nos fondos mariños da ría da Arousa

G24.gal 26/06/2023 21:27

Os que foron á praia a Vilaxoán nos últimos días tiveron sol e tamén unha sorpresa... Atopáronse na area con varios exemplares dun animal viscoso que case ninguén coñecía. 

Era un molusco grande e estaba vivo cando o fotografaron na praia do Preguntoiro. O Servizo de Emerxencia de Vilagarcía encargouse de identificalo: Aplysia punctata. Ou o que é o mesmo, unha lebre de mar

É unha especie habitual nos fondos mariños da ría da Arousa. Non se comercializa e tampouco é habitual vela nas praias. Nos últimos días chegaron unha ducia de exemplares.

"Esta semana empezáronse a ver coas baixa mares. Son marróns. Como unha babosa pero moi grandes. Eu é a primeira vez. Debe ser que están as augas quentes ou non sei".

As causas de que aparezan nas praias son descoñecidas como descoñecida era a especie para a gran maioría dos bañistas e dos propios veciños de Vilaxoán.

"Nunca os vin por aquí. Para min son parecidos aos chocos".

O Seprona fixo o que se debe facer nestes casos: devolver a lebre de mar ao mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos