Publicador de contidos
Publicador de contidos

Misteriosos décimos de lotaría de Nadal aparecen nunha aldea de Lobios

Misteriosos décimos de lotaría de Nadal aparecen nunha aldea de Lobios

Os veciños especulan con quen puido ser o autor ou autora do agasallo

G24.gal 25/11/2022 14:34 Última actualización 25/11/2022 14:49

Un misterio sacudiu estes días o concello ourensán de Lobios, onde en 13 caixas do correo, as dos 13 veciños habituais da aldea, apareceron décimos de lotería para o sorteo de Nadal. Décimos que ninguén sabe quen lles regala.

Semella un anuncio da lotaría. Pero é a vida mesma, con protagonistas reais. Rosa, José, Nieves, Zacarías. Algúns atoparon o seu décimo na caixa do correo, outros no alto da escaleira, ou agochado baixo a porta.

Ocorreu o sábado e levan desde entón dándolle voltas. Os décimos veñen de Teruel, pero ese dato tampouco abonda. "Eu sei dun que foi a Teruel, pero el di que non é", sinala Rosa.

Están intrigados, pero tamén felices e emocionados. Non saben quen foi, pero si como agradecerllo. "Regámolo en champaña!", asegura Nieves.

Agora só falta que o número saia premiado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade