Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aparece unha vintena de coches coas rodas picadas en Malpica

Aparece unha vintena de coches coas rodas picadas en Malpica

Todos sospeitan dun home, pero ninguén se atreve a acusalo

G24.gal 10/02/2023 14:11 Última actualización 10/02/2023 14:24

En Malpica denuncian picadas masivas nas rodas dos coches que quedan estacionados no peirao ou na súa contorna. Os veciños aseguran que veñen sufrindo estes ataques vandálicos xa desde a semana pasada.

Desde entón, din, foron varias as persoas que cando, polas mañás, van coller os seus coches para ir traballar ou levas os nenos á escola se atopan con que teñen dúas, tres ou incluso as catro rodas picadas.

Todos os turismos afectados estaban estacionados no peirao ou na súa contorna e non presentaban ningún outro dano.

Todos sospeitan dun home de Corme, de 47 anos, que leva un tempo vivindo na vila. Porén ninguén se atreve a acusalo porque nunca o colleron na allada. Hai quen di tamén que anda amolando polos pequenos negocios.

Algúns dos afectados xa presentaron denuncia e agora a Garda Civil é quen se encarga de investigar os feitos para poder dar co ladrón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade