As Letras 2023 celebran o legado histórico e intelectual de Del Riego
As Letras 2023 celebran o legado histórico e intelectual de Del Riego
Os actos na honra de Francisco Fernández del Riego, a quen se dedican as Letras Gelgas deste ano ,comezaron este sábado en Lourenzá
Tal día coma hoxe cumpriría 110 anos
O 7 de xaneiro do 1913 nacía en Lourenzá Fernández del Riego; el mesmo bromeaba dicindo que a el trouxérano os Reis Magos, pero a verdade é tanta, xa que o seu labor foi un agasallo non só para as letras galegas, senón tamén para a cultura e para a historia de Galicia.
Unha implicación que destacou permanentemente no discurso co que o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, inaugurou o ano en que se homenaxea a Francisco Fernández del Riego.
A súa figura integradora é esencial para entender o fortalecemento do galeguismo na posguerra, co seu labor de ponte entre os vellos e os novos autores; e tamén entre os autores do exilio e os que estaban aquí.
A posta en marcha da Editorial Galaxia, a creación do Día das Letras Galegas ou o seu labor na Fundación Penzol son algúns dos labores esenciais de Del Riego, un autor que axudou a cohesionar a sociedade civil.
Malia que del Riego tivo un vencello esencial con Vigo, ao longo da súa traxectoria sempre reivindicou as súas orixes galegas.
Ademais dun calendario biográfico, tamén se presentou unha exposición sobre a vida e obra dun home que traballou incansablemente por Galicia.