Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Federación Nacional de Autónomos pide o apoio do PP para o novo sistema de cotizacións

A Federación Nacional de Autónomos pide o apoio do PP para o novo sistema de cotizacións

O presidente da Federación e Feijóo comparten a importancia de baixar os impostos

G24.gal 03/05/2022 20:28

O presidente da Federación Nacional de Autónomos pediu o apoio do Partido Popular para a proposta dos empresarios sobre o novo sistema de cotización por ingresos reais que quere implantar o Goberno.

Así llo transmitiu na xuntanza que este martes mantivo co presidente do partido. Alberto Núñez Feijóo trasladoulle o apoio do Partido Popular nestes momentos de incerteza económica, e ambos compartiron a necesidade de baixar os impostos aos cidadáns, ás empresas e aos autónomos.

"Imos apoiar nestes momentos de incerteza, onde os custos enerxéticos, os custos de produción e as materias primas están afogando moitos autónomos, todo o que veña a aliviar cargas", dixo Lorenzo Amor.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade