Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aprenden a construír drons para incorporalos á actividade agraria

Aprenden a construír drons para incorporalos á actividade agraria

O alumnado da Escola Agraria Fonteboa de Coristanco participa no proxecto Agrodron

Prepáranse tamén para obter a licenza de pilotaxe destes vehículos non tripulados

G24.gal 27/11/2021 17:21

A robótica e a tecnoloxía gañan presenza no agro galego. Tamén os drons empezan a incoporarse ás actividades do rural.

O alumnado da Escola Familiar Agraria Fonteboa de Coristanco traballa con estes aparellos na clase. Prepáranse para obter a licenza de pilotaxe e aprenden a montalos conscientes de que no futuro serán unha ferramenta laboral moi útil.

O proxecto chámase Agrodron e comezou sendo unha preparación específica para que o alumnado de paisaxismo e medio rural puidese obter a licenza de pilotaxe. O programa Iniciativa Xove da Xunta permitiu ampliar a proposta formativa.

Antonio, alumno de segundo do ciclo de paisaxismo e medio rural, ten clara a potencialidade dos drons para a explotación gandeira familiar. Adrián prepárase para traballar no eido da xestión forestal.

Na aula aprenden a electrónica e a montaxe dos drons e realizan voos simulados. No exterior, un piloto dunha empresa de formación colaboradora dirixe as prácticas.

Eles son o futuro das empresas rurais galegas. Chegan moi preparados e coa tecnoloxía do seu lado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade