Publicador de contidos
Publicador de contidos

Curtis albergará o primeiro centro de almacenamento de datos de Galicia

Curtis albergará o primeiro centro de almacenamento de datos de Galicia

Ocupará uns 40.000 metros cadrados, como uns 6 ou 7 campos de fútbol

O plan contará cun investimento duns 400 millóns de euros

G24.gal 27/11/2024 14:15

Curtis albergará o primeiro centro de almacenamento de datos de Galicia. Unha especie de grandes contedores de información dixital que ocupará uns 40.000 metros cadrados, como uns 6 ou 7 campos de fútbol. Aí, as empresas poderán albergar os seus servidores e a información á que nós accedemos a través dos nosos teléfonos ou ordenadores. Un plan que contará cun investimento duns 400 millóns de euros.

O CEO de Ingenostrum, Gabriel Nebreda, valoraba no Bos días o esforzo do goberno galego por apoiar este proxecto e explicaba que "o teléfono é unha fiestra que lle di a un centro de datos o que necesita. O centro de datos acumula a información, procésaa e entrega a información que se precisa. Por cada euro que se inviste nun centro de datos repercute no PIB rexional entre 9 e 12 euros, en vez de repercutilo en Nova York, repercutímolo en Galicia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade