Aragón, Navarra e A Rioxa seguen en aviso vermello por temperaturas de ata 43 ºC
Aragón, Navarra e A Rioxa seguen en aviso vermello por temperaturas de ata 43 ºC
A AEMET indica que o luns será a última xornada da vaga de calor e baixan un pouco as temperaturas
Quince comunidades autónomas estarán en risco importante laranxa ou amarelo por altas temperaturas
O aviso vermello por temperaturas extremas concéntrase este domingo en Aragón, Navarra e A Rioxa, por valores que alcanzarán ou mesmo superarán os 43ºC, nunha xornada con 15 comunidades en risco laranxa ou amarelo polas altas temperaturas.
Podería ser o penúltimo día da vaga de calor. O luns baixarán as temperaturas no tercio occidental da Península Ibérica. A Axencia Estatal de Meteoroloxía daría por concluido este episodio de calor estrema o martes, cando se podería xeralizar ese descenso nos termómetros de todo o país.
Cidades como Zaragoza estarán en aviso vermello, e moitas outras entre as ques están Lu go e Ourense terán risco importante, polo que os termómetros estarán sobre os 40ºC. A AEMET prevé un domingo con predominio de ceos pouco nubrados , pero con intervalos de nubes baixas no litoral galego e de Asturias, algunhas nubes altas no noroeste e nubosidade de evolución diurna no interior da metade norte.
A vaga de calor finaliza o luns
A Aemte considera probable que entre o luns e o martes a DANA coninúe o seu desprazamento cara o nordés, co que se intensiffica a entrada de aire fresco atlántico que incrementaría e estendería os descensos de temperaturas, o luns no terzo occidental e o martes a amplas zonas da península.
A partir do mércores é probable que aumente de novo a estabilidade e tamén as temperaturas, pero sobre todo no cadrante suroeste peninsular. Así as temperaturas poderán manterse en valores anormalmente altos.