Aragonès irá ao Senado defender a amnistía
Aragonès irá ao Senado defender a amnistía
O presidente catalán di que "trolear o PP sempre dá gusto"
O socialista García-Page non asistirá para evitar "facerlle o xogo ao PP"
Junts di que nin os intentos de bloquear a amnistía nin os xuíces poderán impedir a volta de Puigdemont
A lei de amnistía comeza a camiñar polo Senado. Será unha andaina longa pero con moitas paradas. O luns debaterase o informe sobre o impacto autonómico, impulsado polo PP.
Un cumio contra a amnistía en que non estará o socialista García-Page, pero si presidentes autonómicos do PP e mesmo o presidente catalán. Aragonès defenderá o pack amnistía e referendo como vía para resolver o conflito político entre Cataluña e o Estado. "Trolear o PP sempre apetece", di Aragonès. PSOE, ERC e Junts anuncian voto particular a ese informe.
En Junts teñen claro que á lei de amnistía aínda lle quedan trabas por superar. Sobre todo xudiciais. Pero advirten que nada poderá frear a volta de Puigdemont, que a sitúan a finais de agosto. Como seguinte obxectivo establecen a consulta de autodeterminación.
Os de Puigdemont aféanlle a Aragonès que presentara a proposta en plena campaña electoral. Pero seguirán coa folla de ruta sen distraerse por moitas negativas que cheguen desde Madrid.
O número dous de Junts formula as eleccións catalás como un dilema entre Puigdemont ou Pedro Sánchez. Salvador Illa, di, fará de delegado do Goberno.