Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arantxa Sánchez Vicario culpa o seu exmarido do alzamento de bens

Arantxa Sánchez Vicario culpa o seu exmarido do alzamento de bens

A extenista di que non sabía nada de patrimonio nin sociedades

Amósase arrepentida e incluso chorou durante a súa declaración

Piden para ela e para Josep Santacana catro anos de cadea

G24.gal 12/09/2023 21:13 Última actualización 12/09/2023 21:21


Arantxa Sánchez Vicario presentouse ante a xustiza como unha muller que actuaba baixo as ordes de quen era o seu marido, Josep Santacana, no xuízo que se celebra contra os dous por, presuntamente, urdiren un plan para descapitalizar o seu patrimonio e evitar o pagamento dunha débeda ao Banco de Luxemburgo. Ela recoñeceu os feitos, amosouse arrepentida e apuntou directamente á súa exparella. 

—Vostede podía pagar esta débeda?
—Si.
—Por que non pagou esta débeda?
—Porque o meu marido me dixo que non, eu fixen o que el me dicía, porque eu son xogadora de tenis, non teño coñecementos de patrimonios nin de sociedades.

A débeda é de sete millóns e medio de euros e vén dun préstamo de 2010 concedido á extenista para afrontar unha condena por fraude fiscal. E dixo que o está devolvendo, que a metade do que gaña vai para aí.

A fiscalía pide para cada un catro anos de cadea por alzamento de bens. Pero esta declaración podería rebaixar a pena de Sánchez Vicario. A defensa de Santacana critica o que considera unha estratexia coordinada coas acusacións.  

O avogado de Santacana di que é altamente incrible, que non é crible, que non soubese absolutamente nada.

Para escoitar a versión del, aínda haberá que agardar: prevese que Santacana declare o venres, última xornada do xuízo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos