Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arde un camión na A-52 preto da entrada do túnel da Cañiza

Arde un camión na A-52 preto da entrada do túnel da Cañiza

O sinistro produciuse, por causas descoñecidas, no punto quilométrico 284 en dirección Ourense

G24.gal 22/08/2022 19:07

Un camión incendiouse cando circulaba pola A-52 preto do túnel da Cañiza. O sinistro produciuse, por causas descoñecidas, no punto quilométrico 284 en dirección Ourense.

O tráiler quedou completamente calcinado e afortunadamente o condutor puido saír do vehículo sen ningún dano.

Ata o lugar desprazáronse a Garda Civil de Tráfico e os bombeiros de Ponteareas, do Baixo Miño e do Porriño. As lapas pasaron a unha zona de monte próxima, pero xa están extinguidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade