Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arde un coche na autoestrada AP-53 Ourense-Santiago

Arde un coche na autoestrada AP-53 Ourense-Santiago

Malia a aparatosidade do lume non hai que lamentar danos persoais

G24.gal 08/06/2022 20:46 Última actualización 08/06/2022 21:03

Unha avaría mecánica semella ser a causa máis probable do incendio, este mércores pola tarde, dun coche na autoestrada AP-53, Ourense-Santiago.

Segundo os bombeiros de Deza-Tabeirós, o condutor notou que o vehículo lle perdía forza e botouse cara a beiravía, momento que o coche comezou a arder. Malia a aparatosidade do lume, os ocupantes puideron saír e non hai danos persoais.

Durante a extinción do incendio foi necesario cortar un carril na zona na que se produciu o sinistro, no quilómetro, sentido Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade