Cargando resultados...
O Senado pide liberar a peaxe da AP-53 co si do PP e a abstención do PSOE
O Senado pide liberar a peaxe da AP-53 co si do PP e a abstención do PSOE
G24.gal
08/02/2024 15:53
A Comisión Transportes do Senado aprovou este xoves, pedirlle ó Goberno central que "libere" a peaxe da AP-53 entre Santiago e Dozón. Unha proposta que saiu adiante cos votos a favor do PP e UPN e a abstención do PSOE e o resto de grupos.
O PSOE presentara unha enmenda para que se aprobase fora "un esquema de bonificacións na AP-53, similar ó aprobado na autoestrada AP-9, no marco do acordo de lexislatura asinado polo PSOE e BNG.
Na Comisión de Transportes da Cámara Baixa tamén se falou da situación do tren en Galicia. Os populares pediron que se restrablezan os servizos e horarios anteriores á pandemia e instan ao Goberno a realizar melloras nas infraestruturas ferroviarias.