Publicador de contidos
Publicador de contidos

O incendio dun camión de roupa obriga a desviar o tráfico nun treito da AP-53

O incendio dun camión de roupa obriga a desviar o tráfico nun treito da AP-53

O accidente foi de madrugada, pero o tráfico volveu quedar interrompido pola tarde para retirar os restos do vehículo

G24.gal 06/06/2024 18:11

O incendio dun camión que transportaba roupa obrigou a desviar durante horas o tráfico na autoestrada AP-53 ao seu paso polo lugar de Oca, no concello da Estrada. 

O camión ardeu tras accidentarse preto das seis da mañá.

O condutor saíu ileso.

Os bombeiros evitaron que o lume pasara ao monte.

O tráfico reiniciouse por un carril en momentos puntuais, pero volveu quedar interrompido pola tarde para retirar os restos do vehículo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade