Publicador de contidos
Publicador de contidos

As obras nos viadutos da AP-53 sobre o Ulla afectarán o tráfico a partir do luns

As obras nos viadutos da AP-53 sobre o Ulla afectarán o tráfico a partir do luns

Prevén finalizar os traballos ao longo deste mes de marzo

G24.gal 10/03/2024 16:09 Última actualización 10/03/2024 21:13

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible realizará unhas obras de substitución de apoios en dous dos piares dos viadutos sobre o río Ulla da autoestrada AP-53, no municipio coruñés de Vedra, e no pontevedrés da Estrada, que afectarán ao tráfico a partir do luns.

Para garantir a seguridade dos traballadores e usuarios, o Ministerio informou de que a partir das 9:00 horas do luns haberá restricións entre os puntos quilométricos 16+400 e 18+050.

Nese tramo o corte afectará unha das calzadas, polo que o tráfico será redirixido pola vía adxacente, que funcionará en dobre sentido de circulación.

Desta forma, prevén finalizar os traballos ao longo deste mes de marzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade