Publicador de contidos
Publicador de contidos

A autestrada entre Santiago e Dozón sobe un 5,07 % este 1 de xaneiro

A autestrada entre Santiago e Dozón sobe un 5,07 % este 1 de xaneiro

Os turismos pagan desde hoxe 6,70 euros, 30 céntimos máis, o treito completo

Os pesados pagan 11,35 ou 13,50 euros, segundo o tipo de vehículo 

G24.gal 01/01/2024 14:16

A AP-53, esencial na comunicación entre Santiago e Ourense, é unha autoestrada de pago entre a capital galega e o Alto de Santo Domingo. A suba que experimenta este traxecto en 2024 sitúase na media que fixou o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible para a maioría das autoestradas do Estado. Aplican desde hoxe unha suba dun 5,07 %.

Para o treito entre Santiago e o Alto de Santo Domingo encarécese 30 céntimos de euro. Pasa a custar 6,70 para turismos, ese treito completo de 56 quilómetros. Os pesados pagarán 11,35 ou 13,50, segundo sexan de categoría 1 ou 2. Eses son os prezos para o treito completo (entre Santiago e o Alto de Santo Domingo) de 56 quilómetros.

Os usuarios da Autoestrada entre Santiago e Dozón están aínda pendentes de que se apliquen as bonificacións previstas no pacto de investidura entre PSOE e BNG, que se aplicarán por primeira vez nesta vía, e que segundo o Ministerio de Transportes suporían un aforro de ata o 75 por cento para os usuarios habituais.

A suba do 5,07 % para a AP-53 é a mesma que o Ministerio de Transportes aplica a outras autoestradas de Madrid, Castela-León ou Andalucía. É a segunda menor suba; a menor é a da AP-66 que atravesa o porto de Pajares entre León e Asturias e que é do 5 %.

O Estado sobe as autoestradas este ano por riba do IPC. Repercute así parte das subvencións de 2023 destinadas a compensar os efectos da inflación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade