Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arde un coche na autoestrada AP-9 por mor dunha avaría mecánica

Arde un coche na autoestrada AP-9 por mor dunha avaría mecánica

Malia o susto, non houbo feridos

Un fallo no turbo puido ser a causa do lume, que calcinou o coche por completo

G24.gal 30/05/2023 13:55

O coche foi pasto das lapas. O condutor circulaba pola autoestrada AP-9, en dirección a Santiago, cando no quilómetro 35, preto de Ordes, viu que saía fume branco do capó.

"Un posible fallo no turbo puido ser a causa do lume que deixou o coche completamente calcinado", di Alfonso Nieto, cabo de garda dos bombeiros de Betanzos.

O condutor, un varón duns 40 anos e único ocupante do coche, estacionou na beiravía e conseguiu saír do automóbil antes de que comezase a arder. Iso si: todas as súas pertenzas queimáronse.

Pasaba un minuto das once da mañá cando os bombeiros de Betanzos recibía a chamada do 112 aletándoos dun lume nun vehículo.

Malia que foi necesario cortar un carril para poder desenvolver todos os traballos con seguridade, en ningún momento se rexistraron retencións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar