Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arde unha embarcación abandonada no centro de Bueu

Arde unha embarcación abandonada no centro de Bueu

Todo parece indicar que foi provocado, intencionadamente ou por un descoido

A embarcación esta nunha fábrica abandonada frecuentada por rapazada e toxicómanos
G24.gal 14/10/2022 13:07

As primeiras que se deron conta do lume foron unhas mulleres que traballan nun taller de costura que está a uns cen metros do lugar. De mañanciña escoitaron uns estoupidos a so saír xa viron o resplandor das lapas. Chamaron a emerxencias e en cuestión de minutos chegaron os bombeiros. Atoparon a embarcación con pouco lume na súa parte superior pero moito fume. 

Comezaron botándolle auga e cando as lapas e a calor desapareceron, empregaron escuma, de xeito preventivo, para evitar que se reiniciasen lapas. Nun principio non había perigo xa que as vivendas están afastadas e os coches que estaban no aparcadoiro libre tamén. Ardeu a parte da cuberta do barco xa que debido ao seu estado de abandono o casco estaba completamente cheo de auga da choiva e iso evitou que ardera por completo.

No lugar tamén se presentaron unha patrulla da Garda Civil e outra da Policía Local. Nun primeiro momento pensaban que podería haber unha persoa no interior. Esta é unha zona dunha vella fábrica onde acode a rapazada a fumar e beber, pero tamén hai venda de drogas a pequena escala e consumo. Ao parecer algún dos toxicómanos ten quedado a durmir na embarcación. Afortunadamente desta volta non había ninguén.

Agora están a investigar que causou o lume, xa que a nave non tiña ningún tipo de carga eléctrica que puidese desencadear unha chispa ou un curtocircuíto. Polo que as hipóteses que se barallan son as dun incendio intencionado ou fortuíto, froito dun descoido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade