Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arden dous coches no aparcadoiro dun centro comercial de Nigrán

Arden dous coches no aparcadoiro dun centro comercial de Nigrán

Ocorreu na mañá destes martes, contra as 10:30, pouco despois de que abriran os establecementos

G24.gal 08/10/2024 14:40

Dous coches arderon no aparcadoiro do centro comercial Nasas, de Nigrán. Por causas que se descoñecen, o lume orixinouse nun Citroën ZX e rapidamente propagouse ao coche que estaba estacionado ao lado.

Non houbo que lamentar danos persoais, porque non había ninguén dentro dos vehículos cando se produciu o incidente. Si que levaron un bo susto os traballadores das tendas que acababan de abrir e algúns visitantes que estaban pola zona, xa que se escoitou unha pequena explosión.

A columna de fume negra víase desde diferentes partes. Porén, a rápida intervención dos bombeiros fixo que o lume non se propagase máis.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade