Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arranca a Feira do Agro da Limia, que durará ata o domingo

Arranca a Feira do Agro da Limia, que durará ata o domingo

Expóñense as últimas novidades no cultivo da pataca e en maquinaria agrícola

G24.gal 01/09/2023 21:03 Última actualización 01/09/2023 21:11

En catro edicións, a Feira do Agro da Limia converteuse xa un evento de referencia para toda España. Os que asisten teñen acceso ás últimas novidades no cultivo da pataca e en maquinaria agrícola. 

Amador Díaz, alcalde de Xinzo, di: "Os produtores teñen a oportunidade de ver cara a onde van as maneiras de cultivar. Hai programadas unhas xornadas técnicas para tratar todos estes asuntos e tamén para ver o último en maquinaria".

A importancia da dixitalización e a aposta pola tecnoloxía para rendibilizar as explotacións están no centro do debate. Este ano analízanse, por exemplo, as vantaxes da rega por goteo e expóñense métodos máis eficientes para tratar as plantacións. 

"Traemos tractores intelixentes, que poden traballar sen condutor, e tamén drons especiais para fertilizar as terras ou para aplicar os produtos fitosanitarios", explica Daniel Hormigos, director da empresa Intrageosistems.

Todo coa lupa posta na pataca da Limia e nas súas posibilidades comerciais, etnográficas e gastronómicas.

Roberto Gómez, cociñeiro, asegura: "A pataca da Limia é moi bo produto. Vale para todo tipo de cociñados, e agora estase avanzando en facer sobremesas con ela".

 

Servando Álvarez, Director técnico do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do INORDE, di: "Esta feira ten que servir para recoñecer o traballo dos produtores da Limia, que tanto fan para manter a calidade deste produto".

A feira serve tamén para reforzar o vínculo entre produtores de pataca de toda a península. Cada vez ten máis visitantes de Portugal.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade