Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arranca o Festival de Ortigueira, un referente mundial do folk nacido en 1978

Arranca o Festival de Ortigueira, un referente mundial do folk nacido en 1978

Naquela primeira edición xa congregara 10.000 almas e nos últimos anos subiu ata as 100.000

G24.gal 11/07/2024 21:24 Última actualización 11/07/2024 21:58

Xa peregrinaban ao festival 20.000 persoas cada ano nos primeiros tempos. E non tardou en gañar prestixio internacional. Nos anos 2000 unha locución en inglés aumentaba o número de asistentes ata os 50.000. Hoxe, adoitan ser 100.000 almas. 

Todo comezou en 1978. Celebrouse entón o I Festival Folclórico Internacional do Mundo Celta, unha iniciativa da Escola de Gaitas de Ortigueira.

Agora presume a organización de que o Festival de Ortigueira representa moito da nosa cultura, da nosa raíz e da nosa forma de ver a vida. Din tamén que o nome de Ortigueira quedou asociado á convivencia, á música, á festa e a Galicia.

En 2005 o festival entrou no selecto grupo de eventos de Interese Turístico Internacional. E representa a Galicia, Irlanda, Escocia, a Illa de Man, A Bretaña, Cornualles, Asturias e País de Gales. "Oito nacións, unha cultura".

Presumen tamén de que a magnitude do festival excede o puramente musical.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade