Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arranca unha nova edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

Arranca unha nova edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

Abre de novo as súas portas a unha nova edición, e van xa 39

A memoria, o humor e a innovación como protagonistas

G24.gal 15/07/2023 21:52 Última actualización 15/07/2023 22:08

Arranca unha nova edición da MIT, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Obras de teatro, espectáculos de rúa e unha chea de propostas que transformarán a vila en todo un escenario ao aire libre os vindeiros sete días. 

A MIT abre de novo as súas portas en Ribadavia a unha nova edición, e van xa 39. Desta volta coa memoria, o humor e a innovación como protagonistas. Nos escenarios da Mostra poderemos ver nos vindeiros días todo tipo de propostas, máis de vinte obras de teatro con varios premios Max entre elas.

Tamén espectáculos de rúa, clown ou danza contemporánea, ademais de cursos e coloquios. E dende a organización fan outro apuntamento, nunca coma este ano venderon tantos abonos para os seus espectáculos no auditorio do castelo.

O clown galego Roi Borrallas é un dos artistas encargados de abrir a MIT este ano, tamén a arxentina Marina Otero. Talía teatro ou Alessandra García completan a saída desta nova edición da MIT.  O humor e tamén a memoria como a daqueles que dende Abrente foron quen hai xa cincuenta anos de converter Ribadavia na capital do teatro galego.

Pero na MIT hai oco tamén para a innovación como a que trae a compañía madrileña Mr. Smith. Dende Cataluña ata Andalucía ou de Madrid o País Vasco. Todas as propostas teñen cabida durante os dez días da mostra. 

Din que a deste ano na MIT vai ser unha xuntanza entre xeracións: as máis novas e as máis veteranas do teatro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade