Arrancou o IKFEM, unha ponte musical e cultural entre as dúas beiras do Miño
Arrancou o IKFEM, unha ponte musical e cultural entre as dúas beiras do Miño
Salvador Sobral e o pianista Marco Mezquida ofreceron o concerto inaugural
Este ano tamén crearon a Orquestra Sinfónica da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
Comezou con varias actividades o IKFEM Festival Tui-Valença, unha ponte musical e cultural entre ambas as beiras do Miño.
O espazo das Cortiñas de San Francisco da fortaleza de Valença foi escenario do concerto inaugural do IKFEM. Salvador Sobral, coa súa impoñente voz, e o menorquín Marcos Mezquida ao piano, abriron un certame que chega á súa edición número 12.
A mestura e cooperación entrambas as beiras da fronteira é o seu obxectivo, que este ano se condensa na creación da Orquestra Sinfónica da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
A programación vai do mércores 17 de xullo ao domingo 21. O festival terá un dos actos máis relevantes nun encontro gastronómico internacional sobre a vella ponte do río Miño.