Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arsenio Iglesias, despedido por milleiros de persoas

Arsenio Iglesias, despedido por milleiros de persoas

A capela ardente foi visitada por innumerables afeccionados e personalidades

A afección congregouse á saída do cadaleito de Riazor para darlle o último adeus

G24.gal 06/05/2023 13:35

O deportivismo e todo o mundo do deporte galego despediron a Arsenio Iglesias como o que é, unha lenda. O Bruxo de Arteixo xa descansa na súa última morada, o cemiterio novo da súa vila natal, onde foi soterrado na máis estrita intimidade.

O velorio quedou establecido no Estadio de Riazor. Nun primeiro momento barallouse o Concello da Coruña pero, diante da previsión da afluencia masiva de persoas para despedírense del, finalmente optouse polo lugar no que tivo as súas maiores tardes de gloria.

A capela ardente sufriu varios atrasos durante a tarde de onte, pero iso non impediu que numerosos simpatizantes estivesen congregados na zona do estadio e do busto que hai situado ben preto del. Finalmente, abriu contra as 21:30 da noite, e por alí pasaron afeccionados anónimos e tamén ilustres, como Emilio Butragueño, en representación do Real Madrid, club que tamén adestrou, ou Augusto César Lendoiro.  

Esta mañá volveu abrir a capela ardente para que seguisen pasando milleiros de afeccionados ata o mediodía, cando a comitiva partiu cara Arteixo para a despedida final coa intimidade da familia.

Arsenio Iglesias, falecido onte aos 92 anos, descansa xa no cemiterio novo de Arteixo, pero será lembrado para sempre como unha das maiores lendas do deporte galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar