Arte hiperrealista con bolis Bic de cores e firma redondelá
Arte hiperrealista con bolis Bic de cores e firma redondelá
O redondelán instalado en Vigo Marcos Puhinger expón a súas obras no espazo La contenedora da cidade
Falamos de catro debuxos que parecen auténticas fotografías pero que están feitos con bolígrafos Bic de cores
As catro obras, de diferentes tamaños e temáticas, nunca coincidiran nun mesmo espazo; tres delas realizáronse nos últimos tres anos
Parecen tan reais que custa crer que foron feitos coas mans e cos bolis de cores dun artista residente en Vigo aínda que nado en Redondela.
"O que teñen en común é que están feitas con bolígrafos Bic de cores. Hai xente que coñece estas obras, pero polo que me decidín a facer esta exposición, a petición dos rapaces da contenedora, é porque estas obras nunca foron expostas xuntas".
E todas salvo unha se crearon nos últimos tres anos. É dicir, durante unha pandemia, onde todos e todas aprendemos a vivir doutro xeito. Só precisou doce cores BIC para conseguir resultados como o destas catro pezas.
"Se podo levar o branco e o negro á cor, creo que pode ser moi interesante. E empecei con este (o de memoria de peixe), o primeiro que se fixo en cor".
Leva dez anos dedicándose ao que máis lle gusta. Dez anos en que a súa técnica tamén mudou moito.
"Agora intento ocultar o gravado nese trazo, e intento que a trama sexa tan xunta que pareza o gran, ese ruído que hai na fotografía antiga".
Utilizar esta técnica é moi vistoso. Leva horas, algúns cadros teñen máis de 300. E os erros aquí sáenlle caros ao artista.
"Pero cando traballas co corpo humano, aí non hai... tes que romper e empezar de novo".
Así é o hiperrealismo de Marcos Púhinger. Un artista autodidacta.
"A satisfacción é enorme porque estás vivindo do que realmente che gusta".