Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un gandeiro de Castro de Rei leva a arte á súa explotación

Un gandeiro de Castro de Rei leva a arte á súa explotación

Ten decorada a granxa con retratos das súas vacas ou murais de coñecidos personaxes

G24.gal 19/05/2024 14:12 Última actualización 19/05/2024 14:46

Un gandeiro da parroquia de Pacios, no concello de Castro de Rei, está espertando moita simpatía nas redes sociais logo de que lle acordase decorar varios lugares da súa granxa con retratos das súas vacas ou con bonecos coñecidos, como o Minion co que decorou o silo do penso.

Edgar Paz ten unhas duascentas cincuenta vacas leiteiras na súa explotación gandeira, un espazo no que traballa a diario e que procura ter nas mellores condicións posibles. Tamén pon moito empeño en mellorar a estética das instalacións, que acaban de modernizar hai pouco.

Rubén, artista de Trece Trazosfoi o autor do retrato realista que recobre parte da parede da corte. O silo do penso tamén está decorado. Aos donos encántalles o resultado, o mesmo que á xente que visita a explotación, co cal é case seguro que haberá máis murais na granxa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade