O globo de Betanzos podería saír este xoves ou o da semana que vén se o tempo o permite
O globo de Betanzos podería saír este xoves ou o da semana que vén se o tempo o permite
Tivo que ser aprazada a súa saía onte a noite pola chuvia o vento e a humidade
A saída do globo ten un ritual que mesmo ten fixado como se debe actuar nos imprevistos
Betanzos miraba con ansia cara ao ceo para ver se deixaba de chover e podía saír o ansiado globo voando despois de dous anos de pandemia en que non se puido celebrar o día grande de San Roque.
Pero as 23:30 horas, como estaba previsto, os expertos decidiron que o aeróstato non podía voar en condicións de seguridade. A chuvia, o vento e o alto nivel de humidade facían perigosa a súa saída.
Pola tarde o concelleiro de información cidadá, Andrés Pandelo, xa adiantaba que a decisión se tomaría ás once e media da noite e que, se o globo non podía lanzar no propio día, intentarán soltalo este xoves ou o xoves da vindeira semana.
Efectivamente, hai dúas oportunidades máis. Pero despois de dous anos de parada pola pandemia, xa hai moitas ganas de ver o globo no ceo.