As augas da Coruña acollen a XI Travesía Solidaria pola ELA
As augas da Coruña acollen a XI Travesía Solidaria pola ELA
Cada día diagnostícanse 2 casos novos en España desta doenza neurodexenerativa
AGAELA insiste na importancia de investir en ciencia para impulsar a investigación
Despois do alzhéimer e do párkinson, a esclerose lateral amiotrófica é a terceira doenza neurodexenerativa máis común: cada ano diagnostícanse no noso país uns 800 casos novos. Máis dun centenar de nadadores molláronse pola ELA na undécima travesía solidaria que organiza a asociación AGAELA.
En España, hai arredor de 4.000 persoas con esclerose lateral amiotrófica, unha enfermidade de tipo neuromuscular para a que aínda non hai resposta en forma de tratamento efectivo.
"Seguimos tendo ese medo no corpo de non ter con que combater a enfermidade non temos tratamento, non temos ese axuste necesario para prolongar a calidade de vida. Temos visibilidade, pero tamén moito que facer", explica Dámaris Domínguez, secretaria de AGAELA.
Recadar fondos para cubrir as necesidades dos afectados é un dos obxectivos da travesía, que ademais quere concienciar sobre a importancia de investir en ciencia para fortalecer a investigación na esclerose lateral amiotrófica.