Publicador de contidos
Publicador de contidos

As bicicletas poderán circular pola zona histórica de Santiago se non superan os 10 km/h

As bicicletas poderán circular pola zona histórica de Santiago se non superan os 10 km/h

O pleno do Concello aprobou por unanimidade a ordenanza de circulación e uso da vía pública

 

G24.gal 26/09/2024 20:47 Última actualización 26/09/2024 20:54

O pleno do Concello aprobou por unanimidade a nova ordenanza de circulacion e uso da vía pública. Entrará en vigor en canto se publique no Boletín Oficial da Provincia que será, previsiblemente, nuns días. 

A normativa regula a mobilidade en bicicleta. Autoriza os ciclistas a circular polas zonas peonís, incluída, a zona histórica. Pero hai unha condición, os ciclistas non poden circular a máis de 10 km/h, para garantir a seguridade dos peóns.

Entre os peóns, hai quen pide unha normativa máis restritiva fronte aos que cren que é unha aposta por unha mobilidade sostible. 

O que si queda prohibido é a circulación de bicicletas e patinetes eléctricos con usos turísticos. A normativa refírese aos tours ou visitas guiadas nestes medios de transporte que empezan a ser habituais noutras cidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar