Cargando resultados...
Cámaras de tráfico captaron a muller atropelada na Coruña cruzando en vermello
Cámaras de tráfico captaron a muller atropelada na Coruña cruzando en vermello
Polo momento, non se poden tirar conclusións definitivas e a investigación continúa aberta
G24.gal
02/07/2022 20:11
As cámaras para controlar o tráfico na Coruña revelan que a muller que morreu atropelada este xoves na rúa San Andrés cruzaba co semáforo en vermello para peóns xunto ao seu home, que xa foi dado de alta.
Con todo, aínda non se poden tirar conclusións definitivas do suceso e a investigación continúa aberta.
O xulgado que leva o caso está pendente dun informe da Policía Local para saber a que velocidade circulaba o autobús e se os freos do vehículo funcionaban correctamente.