Cargando resultados...
As carrilanas tomaron Esteiro en Muros, no Gran Prix do domingo
As carrilanas tomaron Esteiro en Muros, no Gran Prix do domingo
Música, xogos, obradoiros e artesanía acompañaron as tradicionais carreiras
Carrilanas durante o descenso en Esteiro
G24.gal
21/07/2024 21:48
Trinta e cinco anos despois da súa primeira edición, a carreira das carrilanas de Esteiro volveu virvirse esta tarde con moita emoción, no concello de Muros.
Os vehículos feitos de madeira, e con moito enxeño, descenderon polo circuíto do Maio a toda velocidade. Centos de persoas seguiron as evolucións dos pilotos, copilotos e máquinas.
Durante a competición, os pilotos amosaron toda a súa destreza ao volante... aínda que algún tivo un pequeno tropezo, sen consecuencias maiores.
Houbo unha alta participación, con 80 carrilanas, que descenderon de xeito vertixinoso pola estrada ata a vila mariñeira de esteiro.