Publicador de contidos
Publicador de contidos

As claves para entender a nova lei de vivenda aprobada no Congreso

As claves para entender a nova lei de vivenda aprobada no Congreso

Elimínase o IPC como índice de referenza para a actualización anual da renda dos contratos

Nos desafiuzamentos de familias vulnerables sen alternativa habitacional aplicarase un sistema de arbitraxe que propicie o acordo co arrendatario

O Congreso aproba a lei de vivenda, que pon topes ao prezo do alugueiro

G24.gal 27/04/2023 20:47 Última actualización 27/04/2023 21:42

O proxecto de lei de dereito á vivenda que aprobou este xoves o pleno del Congreso faculta a comunidades autónomas e concellos a limitaren os prezos de alugueiro en zonas tensionadas e establece mecanismos para ampliar a oferta de vivenda social.

Tamén protexe dos desafiuzamentos as familias vulnerables sen alternativa habitacional. Imos resumir as medidas máis importantes desta nova lexislación para entender como nos afecta aos cidadáns.

• As comunidades autónomas poderán declarar un ámbito territorial como zona de mercado residencial tensionado.

• O custo medio da hipoteca ou o alugueiro máis os gastos e subministracións básicas debe superar o 30 % da renda media dos fogares ou o prezo de compra ou alugueiro aumentar polo menos tres puntos por riba do IPC nos cinco anos anteriores.

• A declaración de zona tensionada terá unha vixencia de tres anos, prorrogable anualmente, e deberá comunicarse ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, que aprobará unha resolución trimestral coa relación de zonas que xa foran declaradas.

• Considérase gran propietario a quen teña dez ou máis vivendas ou unha superficie construída de máis de 1.500 metros cadrados e de cinco ou máis en caso de que os inmobles estean en zona tensionada. Estes últimos deberán fixar a renda en función do sistema de índices de prezos de referencia.

• O resto de propietarios non poderán subir os prezos dos contratos vixentes durante tres anos, aínda que se lles permite incrementalos ata un 10 % se fixeron obras de rehabilitación e mellora enerxética e de accesibilidade nos dous últimos anos.

• Para os novos contratos que se firmen nesas zonas, a renda non poderá ser superior á do último contrato vixente nos cinco anos anteriores, desde que aplicada a actualización anual.

• A actual desgravación do 60 % no IRPF por rendemento neto do alugueiro de vivenda habitual pasa a ser do 50 %, pero modúlase ata o 90 % nas zonas tensionadas.

• Para os novos alugueiros de vivendas a mozos de 18 a 35 anos, a redución é do 70 %, mentres que para vivendas protexidas e para casas rehabilitadas nos últimos anos é do 60 %.

• Elimínase o IPC como índice de referencia para a actualización anual da renda dos contratos.

• Fíxase un tope extraordinario do 3 % de suba na actualización dos alugueiros para 2024.

• Antes do 31 de decembro de 2024, o INE definirá un novo índice de prezos de referencia que non superará o IPC.

• Poderá aplicarse unha prórroga extraordinaria dun ano nos contratos de arrendamento por situacións acreditadas de vulnerabilidade social ou económica.

• Prohíbese o pago da renda con cartos en metálico, a non ser que unha das partes non dispoña de conta bancaria nin acceso a medios electrónicos de pagamento.

• A lei fixa que os gastos de xestión inmobiliaria e formalización do contrato corran a cargo do arrendatario.

• Prohíbense os desafiuzamentos sen data nin hora.

• Nos desafiuzamentos de familias vulnerables sen alternativa habitacional aplicarase un sistema de arbitraxe que propicie o acordo co arrendatario. Se non hai acordo, hai un prazo para que os servizos sociais ofrezan solucións habitacionais e habilítase o xuíz para establecer prazos superiores que poden sumar máis de dous anos.

• Márcase o obxectivo de erradicar que haxa persoas sen fogar.

• Os concellos poderán aplicar un recargo do 50 % na cota do Imposto de Bens Inmobles (IBI) ás casas que permanezan desocupadas sen xustificación durante máis de dous anos, do 100 % se están baleiras máis de tres anos e do 150 % se o propietario ten varios inmobles desocupados no mesmo termo municipal.

• Para incrementar o parque de vivenda protexida en alugueiro, resérvase o 40 % do chan urbanizable e o 20 % en chan urbano non consolidado (actuacións de reforma ou renovación da urbanización).

• Márcase o compromiso de alcanzar en 20 anos un parque mínimo de vivendas destinadas a políticas sociais do 20 por cento respecto ao total de fogares nos municipios onde haxa zonas de mercado tensionado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade