As comunidades do PP reclámanlle a Sanidade cambiar o sistema de formación de especialistas
As comunidades do PP reclámanlle a Sanidade cambiar o sistema de formación de especialistas
Piden 1.000 prazas mir adicionais ao ano para dotarse de máis médicos de familia
As comunidades gobernadas polo Partido Popular pídenlle a Sanidade cambiar o modelo de formación dos médicos para dotarse de máis especialistas en medicina familiar e comunitaria
Criticaron que o asunto non se inclúira na orde do día da Comisión Interterritorial celebrada este luns en Mérida. Como xa fixeran no verán xunto co Pais Vasco e Cataluña, as comunidades do PP reclaman mil prazas adicionais de formación durante os próximos catro anos.
"Semella que hai unha vontade do Goberno central de asfixiar aos sistemas sanitarios públicos probablemente para promover conflitos e acabar botándolle a culpa desa situación aos recurtes aos que alude o Partido Socialista e que non son certos. Todas as comunidades autónomas temos este ano o maior presuposto que tivemos nunca adicado a sanidade", asegurou o conselleiro Julio García Comesaña.
"Non se incorporou ese asunto á orde do día porque non hai novos acordos que tomar", zanxou a ministra de Sanidade.
Carolina Darias instou as comunidades a ofertar 54 prazas de medicina familiar e comunitaria que quedaron vacantes, pese a estar acreditadas para a próxima convocatoria mir que se celebrará o 21 de xaneiro.