As comunidades gobernadas polo PP recorrerán a lei de amnistía ante o Tribunal Constitucional
As comunidades gobernadas polo PP recorrerán a lei de amnistía ante o Tribunal Constitucional
O ministro de Xustiza cre que a norma é legal porque "repecta a separación de poderes"
Os partidos independentistas instan os xuíces a aplicala de inmediato aínda que asumen que atoparán atrancos
O Goberno está convencido de que a lei de amnistía está blindada xuridicamente porque, segundo o ministro de Xustiza, Félix Bolaños, "respecta a separación de poderes" e "a decisión última na aplicación, como non pode ser doutra maneira nun estado de dereito como é España, téñena os xuíces e tribunais do noso país".
O Goberno calcula que beneficiará unhas 400 persoas, entre elas, os líderes de ERC e de Junts, que asistiron á súa aprobación no Congreso. Pídenlles aos xuíces que comecen a aplicala de inmediato,
Para Jordi Turull, "teñen que deixar de facer de xusticeiros para impartir xustiza"
O presidente de ERC, Oriol Junqueras, tamén asume "que algúns tribunais queiran poñer moitos paus nas rodas dalgúns casos".
Tamén socios parlamentarios, como Podemos, temen atrancos. A súa secretaria xeral, Ione Belarra, cre que vai producirse "unha ofensiva xudicial" semellante á da lei do só si é si.
Polo momento, xa moveu ficha o PP. As comunidades autónomas en que gobernan xa anunciaron que van recorrer a lei de amnistía ante o Tribunal Constitucional.