Publicador de contidos
Publicador de contidos

As confrarías de pescadores de Galicia elixen as súas novas xuntas xerais

As confrarías de pescadores de Galicia elixen as súas novas xuntas xerais

Son as terceiras eleccións unificadas desde o ano 2014

G24.gal 29/10/2022 14:35 Última actualización 29/10/2022 15:33

As confrarías de pescadores galegas renovan hoxe os seus órganos reitores. Máis de once mil profesionais do mar votan para elixir as vogalías das súas xuntas xerais. Os novos vogais tomarán posesión do seu cargo na sesión constitutiva que debe celebrarse no prazo máximo de cinco días desde a proclamación definitiva, que será o 9 de novembro.

No primeiro pleno desa sesión constitutiva iniciarase o procedemento para elixir o patrón maior, os vicepatróns e os vogais do pósito.

Só en Fisterra e Porto do Son non tiveron que colocar urnas ao coincidir o número de candidatos co número de vogais das súas xuntas. Os comicios completaranse en tres fases. Despois das eleccións nos pósitos realizaranse as votacións nas tres federacións provinciais e por último elixirase o presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.

 Estas son as terceiras eleccións unificadas tras as de 2014 e 2018.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade