Publicador de contidos
Publicador de contidos

As confrarías de Viveiro ultiman os preparativos para a Semana Santa

As confrarías de Viveiro ultiman os preparativos para a Semana Santa

A vila mariñá prepárase para recibir, un ano máis, uns 40.000 visitantes

Félix Aragunde 08/03/2024 15:01

Viveiro prepárase para recibir decenas de miles de visitantes na súa Semana Santa. Declarada de interese turístico internacional, é unha das celebracións relixiosas máis importantes de toda Galicia.

A Semana Santa viveirense move, ano tras ano, unhas 40.000 persoas. Agárdase, por tanto, unha ocupación hoteleira practicamente plena dende o luns ata o domingo.

As oito confrarías da vila mariñá ultiman os preparativos para participar nas 15 procesións e mais nos actos sacramentais programados.

Portarán 45 imaxes, algunha con ata 105 levadores, coma a das Sete Palabras que sae na Paixón, onde 68 persoas levan o Cristo da Piedade, dunha tonelada de peso.

Estímase que a Semana Santa de Viveiro se remonta a 800 anos atrás, en plena Idade Media. É, por tanto, a máis antiga do país, e na actualidade move milleiros de visitantes e millóns de euros en beneficios para a vila.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar