As confrarías poñen anuncios buscando portadores para os pasos de Semana Santa
As confrarías poñen anuncios buscando portadores para os pasos de Semana Santa
Algunhas mesmo están acudindo a empresas de traballo temporal para atopar persoal
A falta de novos membros e de remuda xeracional estase a notar en moitas confrarías relixiosas. En Lugo fan un curioso chamamento para conseguir voluntarios que lles axuden a sacar os pasos.
Grandes carteis publicitarios á beira da estrada ofrecen traballo para esta Semana Santa.
Portar as pesadas imaxes require de moita xente e as confrarías buscan remuda. Por iso piden portadores para os pasos relixiosos.
A Confraría do Desencravo de Lugo ten tamén anuncios en diferentes negocios e redes sociais. Precisan xente para poder sacar á rúa o venres a Virxe da Soidade, que leva cinco anos sen saír en procesión.
O mesmo lle acontece á Confraría do Cristo do Perdón. Remuneran a que empuxa os pasos, pero custa atopar xente e mesmo barallaron recorrer a empresas de traballo temporal.
Din que se precisa a colaboración de todos para manter a tradición e impulsar que a Semana Santa de Lugo sexa declarada de Interese Turístico Nacional.