Publicador de contidos
Publicador de contidos

A continua chuvia disparan os avisos por danos en vivendas

A continua chuvia disparan os avisos por danos en vivendas

Os administradores de inmobles non deixan de recibir incidencias por mor da chuvia

G24.gal 05/04/2024 10:21

Só en marzo choveu o dobre do que é habitual e a humidade faise visible en fachadas e no interior das vivendas.

José Antonio Gil, afectado por filtracións de auga na súa vivenda: "O noso edificio xa ten uns 45 anos e nós entrounos auga polos cables de televisión. Non é a primeira vez que hai problemas por filtracións e estamos pendentes dunha reforma máis en profundidade".

Os administradores de inmobles non deixan de recibir incidencias por mor da chuvia.

Juan Medina Rodríguez, Colexio Profesional de Administradores de Fincas de Galicia: "Notouse na sinistralidade nas comunidades. Déronse máis partes ao seguro que esixen cada vez máis que as comunidades fagan os mantementos oportunos. A realidade é que nos vimos superados nos últimos meses, todo o que son obras de impermeabilización de terrazas, fachadas, cubertas...".

Obras que se atrasan polas condicións climatolóxicas e pola falta de profesionais para levar a cabo a estes traballos.

Antonio Fernández, dunha empresa especializada en reparación de cubertas e impermeabilizacións: "Nós temos avisos dende outubro igual esperando pero vén unha semana boa, fas o que podes co persoal que tes pero non dás chegado a todo. Nós somos oito pero poderíamos ter 12 ou 13 facilmente, pero non atopas xente".

Unha dificultade engadida que complica a reparación dos danos provocados pola meteoroloxía cada vez máis habituais, alertan dende as compañías aseguradoras, polo cambio climático.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade