As contratacións aumentan en máis dun 20 % en Galicia para esta Semana Santa
As contratacións aumentan en máis dun 20 % en Galicia para esta Semana Santa
A maior parte da demanda concéntrase na hostalería e no ocio
Restaurantes, cafeterías e hoteis reforzan os seus cadros de persoal para atender o aumento de clientes
Hostalería, ocio e transporte son os sectores que demandan máis profesionais de cara ao comezo da tempada vacacional. Galicia acadará na próxima Semana Santa 5.705 novos contratos, un 20,3 por cento máis que o ano pasado.
Galicia é a quinta comunidade autónoma en que máis aumentará o emprego. Por provincias, Ourense e A Coruña son as que rexistran un maior crecemento. Estes días restaurantes e cafeterías reforzan os seus cadros de persoal.
A Semana Santa dá comezo á tempada alta do turismo en Galicia. Os hoteis tamén se preparan para recibir os clientes.
Segundo datos de Randstad, as contratacións tamén soben no conxunto de España, con arredor de 116.000 contratos, un 18,6 % máis que hai un ano.